SAÍDA AO PORTO, Á LONXA E AO MERCADO (Primeira parte)

Hoxe foi un día moi moi especial! Pasamos a mañá de visita no Porto da Coruña, na lonxa, na Plaza de Lugo e, para rematar, merendamos en pleno mercado con produtos do mar.
No porto vimos onde chegan os barcos, onde descargan e onde se garda o peixe ata que o levan as peixerías e restaurantes.
Vimos e tocamos todo tipo de peixes, @s traballador@s da lonxa foron moi amables con nós.
Despois fomos á Plaza de Lugo, así é como se chama un dos nosos mercados, alí vimos o peixe listo para que a xente o merque e o leven para as súas casas.
Para rematar tivemos unha merenda moi mariñeira, croquetas e pizza feitas con alimentos do mar. 
Encantounos todo!
Velaquí as fotos que fixemos esta mañá:





















































Comentarios

Publicacións populares deste blog

GÚSTANOS COMER ALIMENTOS DO MAR

O PROFE MANUEL PESCADOR