Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

CONTO "O PEIXE FERNANDO"

Imaxe
Estes días estivemos lendo o conto "O peixe Fernando" nas aulas de Infantil do noso cole. Gustounos tanto que decidimos facer o debuxo do protagonista !

A FLOTABILIDADE DA AUGA SALGADA DO MAR

Imaxe
Esta semana fixemos un experimento sobre a flotabilidade da auga do mar, para poñelo en marcha utilizamos 2 botes con auga, un deles con moita sal, e 2 ovos. Resultou que na auga salgada flotaba o ovo e na doce afundía.

A CANCIÓN PARA O NOSO PROXECTO

Imaxe
Na seguinte ligazón podedes ver e escoitar a canción "Peixiños do mar" de Magín Blanco. Esta canción estanos axudando moito a lembrar os nomes dos peixes e aprender outros novos. Peixiños do mar Esperamos que vos guste tanto coma a nós!

BENVIDOS

Imaxe
Benvidos ao noso proxecto sobre alimentación saudable. Para saber de onde partir preguntamos a todos @s nen@s de Infantil se lles gustaba comer peixe, en caso afirmativo tiñan que intentar decir cal era o que máis lles gustaba. Despois de preguntalles consideramos que partimos de unha boa base xa que a maioría contestaron que si lles gusta, e incluso,  puideron decir o nome do peixe que máis lle gusta comer. Así damos por comezado o noso proxecto!